¡Bo día a tod@s!.
Como xa vos dixeron as vosas
titoras estes días imos repasar as cousas que levamos estudado durante o curso.
Comigo ides repasar o que sabedes de Ciencias Naturais ou Natural Science.
Agora imos empezar por repasar o
que son seres vivos e seres
inertes.
Seres vivos son os que cumpren un ciclo de vida, é dicir,
que nacen, respiran, aliméntanse, poden ter fillos e morren. As persoas, os
animais e plantas son seres vivos.
Os seres inertes son
os que non teñen vida. Os obxectos son seres inertes: unha rocha, un lapis, unha
pelota, etc.
Vídeo
No seguinte vídeo poderás ver
unha explicación moi clara do que son os seres vivos
Xogos
Proba os seguintes xogos e
verás qué fácil é recordar a diferenza entre os seres
vivos e os seres inertes.
Espero que disfrutases co vídeo e cos xogos.
Recorda: " quédate na casa".
"Stay at home" See you on
Friday!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario