¿Recordades a qué lle chamamos medio ambiente?
Ós seres vivos (persoas, animais e plantas) e o que os rodea (o aire, a auga e a terra) e lles permite vivir.
Pero as veces facemos cousas que "enferman o medio ambiente" (tirar lixo, malgastar a auga, etc) e fan que moitas especies de animais e plantas se extingan, que os ríos se contaminen e incluso que as persoas enfermemos.
Por eso celebramos o World Environment Day é un día para pensar en qué cousas das facemos danan ó planeta e para empezar a correxir eses erros porque si non cambiamos acabaremos destruíndo a Terra e facendo imposible poder vivir nela.
Experimento para saber si hai moita contaminación no lugar onde vives.
• Fai un debuxo sobre un anaco de cartón ou papel.
• Coloca a parte superior dunha lata ou tapóns de botella encima dalgunhas partes do debuxo.
• Deixa uns días o cartón e as tapas ao aire no exterior (nun balcón, terraza...)pero protexido da chuvia e do sol. O número de días dependerá do grao de contaminación que exista no lugar onde estamos
• Cando recollas a mostra, levanta as tapas que puxeche enriba do cartón e observa o que pasou.
¿Qué diferencias atopas entre as partes protexidas e as que non o estaban?
A parte do cartón que estaba protexido polas tapas está limpa e o resto do cartón está luxo.
Cando imos de excursión, ás veces podemos ver lugares cheos de lixo tirados polas persoas. Pero tamén hai outro tipo de lixo que é natural porque non foi creado polo home senón pola natureza, que se chama biodegradable son produtos que se descompoñen e desaparecen e que sirven de alimento para as plantas,(restos de peles de froitas, follas de plantas, etc). Temos que aprender a non tirar produtos que non sexan biodegradables, xa que son prexudiciais para o medio ambiente.
Experimento para comprobar qué é biodegradable.
• Necesitamos 2 vasos de iogur baleiros e enchémolos de terra húmida.
• Nun deles, enterraremos un anaco de plástico e no outro unha folla.
• Déixanse repousar dúas semanas ou máis, coidando de que a terra estea húmida.
• Despois observa o contido dos dous vasos e explica por que a folla se desintegra.
E antes de rematar vouche propoñer un par de adiviñas. As respostas son seres sin os cales non poderiamos vivir.
Sen o aire eu non vivo,
e sen a terra eu morro,
teño xemas sen ser ovo
e copa sen ser sombreiro.
¿Quen son?
Hai quen bebe pola boca
que é o xeito de beber
pero sei dalguén que bebe
soamente polos pes.
¿Quenes?
See you next Tuesday!.
Boas tardes Maite creo que xa sei a resposta as adiviñanzas unha era unha árbore e a outra era unha planta.Besos Ricardo
ResponderEliminar👏👏👏 Bravo Ricardo!!! Acertaches as dúas.
ResponderEliminarBiquiños.