Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Naturais. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de junio de 2020

Videos

Hello everyone!
It is our last Science lesson today.
Hoxe é a nosa última clase de Ciencias Naturais. 
Gustoume  moito ser a vosa mestra de Science este ano. O 2019 - 2020 foi un curso moi "raro": no que un virus nos obrigou a quedar na casa, sin saír a xogar nin ir á escola durante bastante tempo  e no que nuns meses só tivemos contacto a través do ordenador,
A pesar de todo iso foi satisfactorio ensinarvos e aprender con vós,.

Rimos xuntos


experimentamos con sabores



 investigamos sobre as plantas



Aprendín e recordei moitas cousas con vós: 
sobre os dereitos das nenas e dos nenos, sobre as emocións (alegría, tristeza, enfado...), sobre o noso corpo, sobre os alimentos, sobre os animais, etc, etc. 
Pero o máis importante e o mellor foi que me axudastes a sorprenderme de novo, a ver as cousas como se fose a primeira vez e a disfrutar co que faciamos.
Gracias por todas eses GRANDES ratos que compartistes conmigo.
¡Ata sempre!

Calm Jars

Good afternoon!!
Are you OK?
Antes de facer a actividade de hoxe quereo explicarvos algo sobre o experimento da semana pasada. ¿Sabedes por qué se mantiñan  as gotas de colorante alimentario sobre o leite? pola "tensión superficial" que teñen os líquidos, que é como unha capa invisible que suxeita (neste caso) as gotas de colorante.
¿Sabedes por qué se desfacían as gotas de colorante ó engadir o deterxente? porque o xabón rompe a "tensión superficial" e fai que ese colorante se vaia cara os sitios nos que non hai deterxente.
Sofía recordoume un experimento parecido feito con pementa e auga.


Este experimento é unha forma moi clara de ver o que ocorre cos virus cando lavamos as mans. Por eso non vos olvidedes do importante que é lavalas con frequencia con auga e xabón para evitar contaxios e a cantar mentras facemos a tarefa de hoxe.


Calm Jars / Calm Bottles.
Tarros o botellas de la calma.
Son  moi fáciles de facer e o resultado é bonito e relaxante.


NECESITAS:
Un tarro de cristal o una botella de plástico.
Pegamento transparente.
Agua templada.
Colorante alimentario.
Purpurina.


¿Qué tal os ha quedado?
Ahora a disfrutarlo.
Bye Bye!!!

martes, 9 de junio de 2020

Magic Rainbow


Hello little scientist!. How are you today?
Are you ready for one experiment?
Today we are going to learn how to do a rainbow.
Hoxe imos aprender cómo facer "un arco da vella".

This is a very easy experiment.
Este é un experimento moi sinxelo.

MILK RAINBOW/ ARCO DA VELLA DE LEITE

Necesitas:
- Un prato 
- Leite
- Colorante alimentario.
- Xabón de fregar os platos
- Un bastonciño dos oídos
Cómo facelo:
Pon un pouco de leite enteira nun prato.



Engádelle unhas gotas de colorante alimentario ao leite.

     Cómo ves nas imaxes podes usar os colores que queiras e colocalos cómo prefiras.

 Empapa un bastonciño de limpar os oídos en deterxente de fregar os pratos.
Achégao ás gotas de colorante alimentario.



 Mira o efecto.



Será diferente dependendo das cores que usases e da cantidad que botases de cada cor.

¿Qué tal che saíu? seguro que precioso.
Espero que te divertises con este experimento. Recorda que podes enviarme fotos co teu experimento ao email:
macmillanmaite@gmail.com
¡Ata Pronto!
See you soon!

martes, 2 de junio de 2020

World Environment Day



O día 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.
¿Recordades a qué lle chamamos medio ambiente?
Ós seres vivos (persoas, animais e plantas) e o que os rodea (o aire, a auga e a terra) e lles permite vivir.
Pero as veces facemos cousas que "enferman o medio ambiente" (tirar lixo, malgastar a auga, etc) e fan que moitas especies de animais e plantas se extingan, que os ríos se contaminen e incluso que as persoas enfermemos.


Por eso celebramos o World Environment Day é un día para pensar en qué cousas das facemos danan ó planeta e para empezar a correxir eses erros porque si non cambiamos acabaremos destruíndo a Terra e facendo imposible poder vivir nela.


Experimento para saber si hai moita contaminación no lugar onde vives.

• Fai un debuxo sobre un anaco de cartón ou papel.
• Coloca a parte superior dunha lata ou tapóns de botella encima dalgunhas partes do debuxo. 
• Deixa uns días o cartón e as tapas ao aire no exterior (nun balcón, terraza...)pero protexido da chuvia e do sol. O número de días dependerá do grao de contaminación que exista no lugar onde estamos
• Cando recollas a mostra, levanta as tapas que puxeche enriba do cartón e observa o que pasou.
¿Qué diferencias atopas entre as partes protexidas e as que non o estaban? 

A parte do cartón que estaba protexido polas tapas está limpa e o resto do cartón está luxo.





Cando imos de excursión, ás veces podemos ver lugares cheos de lixo tirados polas persoas. Pero tamén hai outro tipo de lixo que é natural porque non foi creado polo home senón pola natureza, que se chama biodegradable son produtos que se descompoñen e desaparecen e que sirven de alimento para as plantas,(restos de peles de froitas, follas de plantas, etc). Temos que aprender a non tirar produtos que non sexan biodegradables, xa que son prexudiciais para o medio ambiente.




Experimento para comprobar qué é biodegradable.
• Necesitamos 2 vasos de iogur baleiros e enchémolos de terra húmida.
• Nun deles, enterraremos un anaco de plástico e no outro unha folla.
• Déixanse repousar dúas semanas ou máis, coidando de que a terra estea húmida.
• Despois observa o contido dos dous vasos e explica por que a folla se desintegra.



E antes de rematar vouche propoñer un par de adiviñas. As respostas son seres sin os cales non poderiamos vivir.
Sen o aire eu non vivo,
e sen a terra eu morro,
teño xemas sen ser ovo
e copa sen ser sombreiro.
¿Quen son?


Hai quen bebe pola boca
que é o xeito de beber
pero sei dalguén que bebe
soamente polos pes.
¿Quenes?


See you next Tuesday!.

lunes, 1 de junio de 2020

Vídeos

¡Ola a tod@s!
Quero felicitarvos polo moito que levades traballado durante esta cuarentena e quero darvos as grazas especialmente a tod@s as que me enviades fotos e vídeos dos vosos traballos.
Para que vos quede un recordo de estas actividades preparei uns videos sinxeliños. Espero que vos gusten.
Enviareillos tamén ao profe Tomás para que os suba ao blog da biblioteca.

No seguinte vídeo recóllense os experimentos de naturais que fixestes durante a cuarentena.


Very good my young scientists!

 E agora as vosas manualidades.



You are great artists!

Noraboa a tod@s polo voso esforzo.


martes, 19 de mayo de 2020

Computers



Moi bo día a tod@s. ¿Qué tal estades?. ¿Fixestes moitas cousas diferentes esta semana? seguro que sí, sobre todo dende que xa podedes saír.
Na clase de hoxe imos empezar a aprender cousas sobre unha máquina que estades a empregar diariamente dende que comezou o confinamento.
A ver quen me di a qué máquina me refiro.
Non, non é a televisión, tampouco é a play station, nin a neveira...
SÍ é o computador: o ordenador ou a tablet.

Hai diferentes tipos de computadoras: 
- os supercomputadores que se utilizan para controlar avións ou naves espaciais.
- os ordenadores de escritorio ou de mesa que están sempre no mesmo sitio, algúns témolos na casa e tamén se usan en oficinas ou banco.
- os portátiles que se poden levar dun lugar outro. 
- as tabletas que usades moit@s de cós a diario. Teñen pantalla táctil e podemos usalas cos dedos ou cun lápiz especial.


Nos seguintes enlaces tedes xogos para repasar as clases de computadoras.

Xa vexo que algunhas das cousas das que imos falar xa as sabedes, pero podemos repasalas xunt@s.
O primeiro de todo imos aprender unha canción sobre as partes do ordenador.


¿Gustouvos a canción?.
E agora ides concentrarvos na seguinte pregunta 
¿para qué usamos o ordenador ou a tablet?
Para cantas cousas, ¡pois sí que son útiles!. Vou xuntar as vosas respostas.
Podemos usar o ordenador para:
- gardar os teléfonos dos amigos, 
- os deberes,
- os traballos de mamá e papá 
- as mensaxes que envías aos amigos, 
- escribir,
-  debuxar,
-  escoitar música,
-  xogar a moitos xogos,
- ver películas, 
- retocar fotografías, 
- buscar información,
- deseñar unha revista ou xornal, 
- facer plans e modelos tridimensionais,
- facer cálculos matemáticos, 
- comunicarse con calquera parte do mundo se tes unha conexión a Internet.
- e máááááis cousas.
Os computadores son ¡SUPERÚTILES!.
Por eso é moi importante coñecelos e aprender a usalos ben: para poder aproveitar todo o bo que podemos facer con eles e evitar os danos que poden causarnos.
Por iso é sempre debes:
-  Pedir permiso a un adulto antes de usalos.
- Utilizalos durante un tempo razoable.
- Seguir unhas sinxelas normas mentras o empregas.

Antes aprendemos unha canción sobre as partes do ordenador. e imos ver agora as partes dun ordenador de sobremesa.
 

As de un portátil.
  

E as partes dunha tableta.

Imos prepasar as partes do ordenador con uns xogos.

Para rematar, no seguinte enlace ides atopar distintos xogos para practicar co rato. (arrastar, clicar, selecionar).

A próxima semana aprenderemos algo máis sobre os computadores e as súas partes, a súa historia e os seus usos.
See you next week!.

martes, 12 de mayo de 2020

Materials

Good morning! How are you today?
What's the weather like in O Barco? It's rainy in Valdegodos. And all the materials are wet (mojados, húmedos).
Wood is wet, glass is wet, metal is wet, plastic is wet, stone is wet, fabric (=tela) is wet.

Hoxe imos a aprender o nome dalgúns materiais en inglés.
Primeiro ides ver un vídeo no que aparecen os nomes deses materiais para que practiquedes a súa pronunciación.
Imos aprender tamén a expresión: "made of" (pronunciase "meid of") e significa "está feito de".
Pare practicar este vocabulario imos facer uns exercicios.
No seguinte enlace podedes facer a sopa de letras (cando atopes a palabra no cadro, fai "click"en cada unha das letras que a forman)
No exercicio 2 tedes que elexir o material do que están feitos os obxectos que aparecen nas imaxes.
Materials
Its time for a song.

E agora tócavos escribir, podedes mandarme as vosas respostas nos comentarios do blog.
Now you can say what things are made of.
Ahora sabedes decir de qué están feitas as cousas.
See you next week with another Science lesson!

martes, 5 de mayo de 2020

A Materia




Hello again! welcome to a new science lesson.
Hola de novo e benvid@s a unha nova lección de ciencias.
A semana pasada empezamos a estudar a materia. ¿Recordades?

Materia é do que están feitas todas as cousas que nos arrodean, nós mesmos estamos feitos de materia. Así que o ar, a auga, as plantas, os mobles, os alimentos, a roupa... todo está feito de materia.
A materia ten 3 estados: sólido, líquido e gasoso. 

Hoxe imos repasar o que aprendestes experimentando coa auga e os cambios de estado.
Imos repasar os estados da auga co seguinte vídeo.

Para comprobar que entendemos e aprendemos ben os cambios de estados imos facer un xogo.
Para que ninguén faga trampas (don't cheat) ides escribir as respostas nos comentarios ou envialas a
macmillanmaite@gmail.com
así podo correxilas e contar cantos puntos conseguistes no xogo.

1.- Podes escribir a palabra que representa ó debuxo (nube, xeo, auga).
 2.- Le ben a pregunta antes de responder.

3.- Seleciona a respoata correcta.


4.- Pensa en qué estado está a materia do vaso, da cervexa e das burbullas
 5.- Cal é o estado da materia dos seguintes materiais.
6.- ¿Qué se necesita para que a auga cambie de estado?. Marca o cadro que corresponda.

7.- E agora a pregunta máis dificil.
¿Por qué se seca a roupa que tendemos a secar ao sol?.

E imos rematar cunha canción sobre os estados da auga.

Disfrutade e aprendede xóvenes científicos.
Enjoy and learn young scientists.



martes, 28 de abril de 2020

Os estados da materia.


How are you today? Did you go out for a walk?
¿Saístes a dar un paseo? Seguro que disfrutastes moito ainda que non poidades xuntarvos c@s amig@s.

Hoxe imos falar da MATERIA.

Materia é do que están feitas todas as cousas que nos arrodean, nós mesmos estamos feitos de materia. Así que o ar, a auga, as plantas, os mobles, os alimentos, a roupa... todo está feito de materia.
A materia ten 3 estados: sólido, líquido e gasoso. 

Imos facer uns experimentos con auga para comprobar como cambia de estado.
Así que científicos a investigar.
Ready, steady, go!

Experimento 1. Pasar de líquido a sólido.
Necesitas:
2 vasos
Auga
Neveira e conxelador

Procedemento:
Poñemos a mesma cantidade de auga en cada vaso e colocamos un na neveira e outro no conxelador, deixámolos alí durante varias horas.
Observa os resultados e anótaos.






Experimento 2. 
Necesitas:
3 vasos
3 cubiños de xeo.

Procedemento:
Pon un cubiño de xeo en cada vaso. Deixa un vaso no conxelador, outro na neveita e outro enriba da mesa e observa qué lle ocorre ó xeo en cada caso.




Experimento 3. 
Necesitas:
2 vasos
Auga
Sal
Conxelador

Procedemento:
Poñemos a mesma cantidade de auga en cada vaso, pero nun deles botamos 2 cucharadas de sal e removemos ben. Colocamos os dous vasos no conxelador, deixámolos alí durante varias horas.
Observa os resultados e anótaos.




Experimento 4. 
Necesitas:
1 cazo
1taza
Auga
Cociña
Neveira

Procedemento:
Poñemos a mesma cantidade de auga na taza e no cazo, perometemos a taza na neveira e o cazo poñémolo ó lume. ¿Qué ocorre coa auga en cada caso?
Observa os resultados e anótaos.



Experimento 5. O xeo ocupa máis espacio ca auga.
Necesitas:
1 botella
Auga
1 rotulador
Conxelador

Procedemento:
Poñer unha pouca auga nunha botella e marcar cun rotulador ata donde chega a auga. Logo meter a botella no conxelador e deixala unhas horas. Cando a saques comproba ata donde chega o xeo.





E agora imos facer un pouco de MAXIA.

A ver si eres capaz de pescar un cubiño de xeo cun fío de coser.
¿Conseguíchelo?. Si o conseguiches ¡Noraboa! e si non poideches non te preocupes porque che vou explicar como podes facelo.

Necesitas:
1 vaso con auga
Sal
1 cubiño de xeo
1 cacho de fío

Procedemento:
pon o xeo na auga e quedará flotando, logo coloca o fío enriba do xeo, bótalle un pouco sal por encima e espera un pouquiño.
E ¡Tachááán!
Tira do fío e verás que está pegado ó xeo.



¿Por qué ocorre esto?
Porque a auga conxélase a 0º, pero cando ten sal inda necesita menos temperatura, por iso onde cae o sal o xeo derrete e o fio vaise metendo nel.
¿Entendes agora porque no inverno cando hai moita xeada botan sal nas carreteras? porque así desfaise o xeo.

Deixovos unha ficha de observación para que, coma sempre que facemos algún experimento,  poidades anotar os resultados.




Si non tendes impresora non vos preocupedes, podedes anotar os resultados da vosa investigación nun folio ou nunha libreta.

Espero que estes experimentos vos sirvan para aprender moito sobre a materia e que vos divirtades facéndoos.

Learn and have fun!

Y no olvidedes mandárme os vosos comentarios e algunha foto dos experimentos.
See you soon!