martes, 26 de mayo de 2020

Ordenadores






Good morning kids!.
A semana pasada vimos a partes dos ordenadores e xa empezastes a practicar co rato, co boli ou cos dedos na pantalla (os que usades tableta)  ou co panel táctil (touch-pad ou rato táctil)  os que tendes portátil.
¿Resultouvos difícil?. Seguro que non.
E ¿acordádesvos de cales son partes dun ordenador?. Imos recordalas cunha canción.




O outro día vimos as partes do ordenador comparadas coas partes do corpo. Agora imos ver algo máis sobre esas partes e a aprender qué fai funcionar a unha computadora, cales son os principais elementos que a forman e qué os pon en funcionamento.


A semana pasada practicastes co rato, esta semana imos a empezar a coñecer mellor

O teclado

Nel atopamos:
- todas as letras do abecedario,
- os números,
- os signos de puntuación: , . ; ? !,
- algúns caracteres especiais (%, $,&...) que podemos precisar cando escribimos.
-  algunhas teclas que nos permiten facer diferentes cousas cando estamos usando o ordenador.

Enter ou Intro:  úsase para pasar ó principio da seguinte liña. 
Pero esta tecla permítenos ademáis iniciar programas e confirmar as órdenes seleccionadas 




Barra espaciadora: Esta tecla crea un espazo en branco na posición do cursor, (o que nos indica en que punto do documento estamos)
Úsase para separar as letras, palabras...). Situamos o cursor diante da última letra, a “o”, e pulsamos a Barra espaciadora. Vemos que queda como resultado “teclad o”.




Bloqueo de Maiúsculas (CapsLock): Para escribir todo en maiúsculas.
Se imos a escribir durante un tempo sólo en letras maiúsculas, pulsamos esta tecla para fixar as maiúsculas. Si se activa a escritura fixa en maiúsculas, iluminase o piloto luminoso de “Bloq Mayús” na esquina superior dereita do teclado ou na propia tecla.
Apagase pulsando de novo “Bloq Mayús” co  que se volve a la escritura normal (en minúsculas).




Teclas de dirección: as teclas de dirección sirven para desplazarnos polos caracteres sin borrarlos.
Para desplazar o cursor cara a esquerda e cara a dereita, cara arriba e cara abaixo.


Na próxima semana seguiremos aprendendo cousas sobre o teclado.
Agora podes abrir un documento de WORD ou de Microsoft Office e practicar con estas teclas.

Nos seguintes enlaces atoparás xogos para familiarizarte coas letras do teclado.

Defende o castelo

Atrapa ó camaleón

Take care. See you soon!. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario