martes, 19 de mayo de 2020

Computers



Moi bo día a tod@s. ¿Qué tal estades?. ¿Fixestes moitas cousas diferentes esta semana? seguro que sí, sobre todo dende que xa podedes saír.
Na clase de hoxe imos empezar a aprender cousas sobre unha máquina que estades a empregar diariamente dende que comezou o confinamento.
A ver quen me di a qué máquina me refiro.
Non, non é a televisión, tampouco é a play station, nin a neveira...
SÍ é o computador: o ordenador ou a tablet.

Hai diferentes tipos de computadoras: 
- os supercomputadores que se utilizan para controlar avións ou naves espaciais.
- os ordenadores de escritorio ou de mesa que están sempre no mesmo sitio, algúns témolos na casa e tamén se usan en oficinas ou banco.
- os portátiles que se poden levar dun lugar outro. 
- as tabletas que usades moit@s de cós a diario. Teñen pantalla táctil e podemos usalas cos dedos ou cun lápiz especial.


Nos seguintes enlaces tedes xogos para repasar as clases de computadoras.

Xa vexo que algunhas das cousas das que imos falar xa as sabedes, pero podemos repasalas xunt@s.
O primeiro de todo imos aprender unha canción sobre as partes do ordenador.


¿Gustouvos a canción?.
E agora ides concentrarvos na seguinte pregunta 
¿para qué usamos o ordenador ou a tablet?
Para cantas cousas, ¡pois sí que son útiles!. Vou xuntar as vosas respostas.
Podemos usar o ordenador para:
- gardar os teléfonos dos amigos, 
- os deberes,
- os traballos de mamá e papá 
- as mensaxes que envías aos amigos, 
- escribir,
-  debuxar,
-  escoitar música,
-  xogar a moitos xogos,
- ver películas, 
- retocar fotografías, 
- buscar información,
- deseñar unha revista ou xornal, 
- facer plans e modelos tridimensionais,
- facer cálculos matemáticos, 
- comunicarse con calquera parte do mundo se tes unha conexión a Internet.
- e máááááis cousas.
Os computadores son ¡SUPERÚTILES!.
Por eso é moi importante coñecelos e aprender a usalos ben: para poder aproveitar todo o bo que podemos facer con eles e evitar os danos que poden causarnos.
Por iso é sempre debes:
-  Pedir permiso a un adulto antes de usalos.
- Utilizalos durante un tempo razoable.
- Seguir unhas sinxelas normas mentras o empregas.

Antes aprendemos unha canción sobre as partes do ordenador. e imos ver agora as partes dun ordenador de sobremesa.
 

As de un portátil.
  

E as partes dunha tableta.

Imos prepasar as partes do ordenador con uns xogos.

Para rematar, no seguinte enlace ides atopar distintos xogos para practicar co rato. (arrastar, clicar, selecionar).

A próxima semana aprenderemos algo máis sobre os computadores e as súas partes, a súa historia e os seus usos.
See you next week!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario