martes, 28 de abril de 2020

Os estados da materia.


How are you today? Did you go out for a walk?
¿Saístes a dar un paseo? Seguro que disfrutastes moito ainda que non poidades xuntarvos c@s amig@s.

Hoxe imos falar da MATERIA.

Materia é do que están feitas todas as cousas que nos arrodean, nós mesmos estamos feitos de materia. Así que o ar, a auga, as plantas, os mobles, os alimentos, a roupa... todo está feito de materia.
A materia ten 3 estados: sólido, líquido e gasoso. 

Imos facer uns experimentos con auga para comprobar como cambia de estado.
Así que científicos a investigar.
Ready, steady, go!

Experimento 1. Pasar de líquido a sólido.
Necesitas:
2 vasos
Auga
Neveira e conxelador

Procedemento:
Poñemos a mesma cantidade de auga en cada vaso e colocamos un na neveira e outro no conxelador, deixámolos alí durante varias horas.
Observa os resultados e anótaos.






Experimento 2. 
Necesitas:
3 vasos
3 cubiños de xeo.

Procedemento:
Pon un cubiño de xeo en cada vaso. Deixa un vaso no conxelador, outro na neveita e outro enriba da mesa e observa qué lle ocorre ó xeo en cada caso.




Experimento 3. 
Necesitas:
2 vasos
Auga
Sal
Conxelador

Procedemento:
Poñemos a mesma cantidade de auga en cada vaso, pero nun deles botamos 2 cucharadas de sal e removemos ben. Colocamos os dous vasos no conxelador, deixámolos alí durante varias horas.
Observa os resultados e anótaos.




Experimento 4. 
Necesitas:
1 cazo
1taza
Auga
Cociña
Neveira

Procedemento:
Poñemos a mesma cantidade de auga na taza e no cazo, perometemos a taza na neveira e o cazo poñémolo ó lume. ¿Qué ocorre coa auga en cada caso?
Observa os resultados e anótaos.



Experimento 5. O xeo ocupa máis espacio ca auga.
Necesitas:
1 botella
Auga
1 rotulador
Conxelador

Procedemento:
Poñer unha pouca auga nunha botella e marcar cun rotulador ata donde chega a auga. Logo meter a botella no conxelador e deixala unhas horas. Cando a saques comproba ata donde chega o xeo.





E agora imos facer un pouco de MAXIA.

A ver si eres capaz de pescar un cubiño de xeo cun fío de coser.
¿Conseguíchelo?. Si o conseguiches ¡Noraboa! e si non poideches non te preocupes porque che vou explicar como podes facelo.

Necesitas:
1 vaso con auga
Sal
1 cubiño de xeo
1 cacho de fío

Procedemento:
pon o xeo na auga e quedará flotando, logo coloca o fío enriba do xeo, bótalle un pouco sal por encima e espera un pouquiño.
E ¡Tachááán!
Tira do fío e verás que está pegado ó xeo.



¿Por qué ocorre esto?
Porque a auga conxélase a 0º, pero cando ten sal inda necesita menos temperatura, por iso onde cae o sal o xeo derrete e o fio vaise metendo nel.
¿Entendes agora porque no inverno cando hai moita xeada botan sal nas carreteras? porque así desfaise o xeo.

Deixovos unha ficha de observación para que, coma sempre que facemos algún experimento,  poidades anotar os resultados.




Si non tendes impresora non vos preocupedes, podedes anotar os resultados da vosa investigación nun folio ou nunha libreta.

Espero que estes experimentos vos sirvan para aprender moito sobre a materia e que vos divirtades facéndoos.

Learn and have fun!

Y no olvidedes mandárme os vosos comentarios e algunha foto dos experimentos.
See you soon!


No hay comentarios:

Publicar un comentario