Today is Tuesday, so it's Science's day.
O martes é o día que imos adicar a Ciencias Naturais.
Esta semana celebramos unha conmemoración moi especial: cada ano o 22 de abril é
O Día da Terra ou Earth Day
Esta conmemoración celébrase en moitos países do mundo para recordarnos o importante que é coidar o noso planeta:
- para que poidamos respirar un aire menos contaminado,
- para que se conserven os bosques e non se contaminen os mares
- para que non sigan extinguíndose tantas especies de animais e plantas.
Xa ves que é un día moooooiiii especial! Por iso imos empezar a celebralo cunha canción
Este ano, debido ó coronavirus non haberá desfiles nin actividades ó aire libre, pero aínda estando na nosa casa hai moitas cousas que podemos facer para coidar o noso pequeno planeta.
No seguinte vídeo de happy learning vannos dar un montón de ideas de cómo facelo.
Podedes escribir as vosas ideas nos comentarios, e facer un cartel coa idea que elixades para intentar cumprila. Eu elixin "desenchufar os aparelllos cando non se estean usando" e este é o meu cartel.
Podedes facer foto dos voso e mandarmas.
Podedes facer foto dos voso e mandarmas.
Agora ides escoitar e ler un conto que se titula "Capitán Verdeman, Superhéroe del reciclaje"
Canta falta nos fai un capitán Verdeman, ¿verdade?.
CREBACABEZAS
Si tendes impresora na casa podedes copiar esta imaxe da terra, imprimila e pegala sobre un cartón. Despois pintádela e repasades as liñas cun rotulador groso. Unha vez feito recortade por esas liñas e xa tedes un crebacabezas da terra.
O seguinte debuxo é unha coroa ou diadema que podedes pintar, recortar e poñer na cabeza para celebrar o Día da Terra.
Agora é tempo para un xogo online. Recorda que debes activar Adobe Flash Player (facendo click no candado que aparece ó lado da dirección)
Tes que axudarlle a Dora na granxa, a cargar a carretilla coas cousas que precisa (aixada, pá...) e levalas ata a horta. Alí teras que arrancar as herbas malas, cavar e plantar novas sementes: tomates, berenxenas, e outros vexetais.
Time for Art.
Podes facer a túa propia representación do planeta terra, para iso só precisas:
- un círculo de cartón
- pintura azul
- macarróns ou lentellas
- pegamento
Si non tes pintura podes facela na casa. Mira o seguinte vídeo e verás qué fácil é facer a túa propia pintura. Ademáis é comestible.
Espero que disfrutes con todas estas actividades e pases un bo Día da Terra.
Por favor, si podes manda unha foto do teu "planeta terra" e do cartel coa idea que escolliches para coidalo.
Podes enviala ó email
macmillanmaite@gmail.com
Lots of love!!












