martes, 28 de abril de 2020

Mother's Day



Hello everyone!!

Como vos explicaron as vosas titoras, a profe Mirian está de baixa e non pode dar clase, así que a partir de agora e ata a fin do curso vouvos dar eu Arts and Crafts e English.
Para non cansarvos moito poñereivos as actividades destas asignaturas un día á semana.
Como non tedes os libros  na casa faremos manualidades diferentes das que veñen no voso libro de plástica.
E en inglés traballeremos con Snappet.

Now it's time for Arts and Crafts.
This Sunday there is a very special celebration:


MOTHER'S DAY

Let's start with a song


You can listen to the song and sing along while doing your art activities for Mother's Day.
Podes escoitar a canción e cantala mentras fas as actividades de plástica para o Dia da Nai.
Propóñoche 3 actividades diferentes

1.-   Flor Flower 



Necesitas: 
Un rolo de papel
Pintura de dedos. (Podes facer pintura de dedos caseira)
Cartulina ou cartón dunha caixa de cereais ou galletas.

Procedemento:
Pinta o rolo de cor verde.
Si non tes cartulina, pinta o cartón da cor da que queres facer a flor.
Cando estea seca a pintura fai uns pequenos cortes no rolo como se indica na imaxe.
Debuxa e recorta a flor que prefiras e as follas.















Pega as follas que recortache aos lados do rolo de papel.
Coloca a flor nos cortes que ten o rolo.

2.-  Exfoliante corporal de azúcre. Sugar scrub.



Necesitas:
- Unha cunquiña de azucre
- 6 Culleradas de aceite de baño (tamén sirve aceite de cociñar)
- Aroma (NON é necesario, pero si tes algunha esencia das que se usan para postres podes botarlla para darlle olor ao teu exfoliante).
- Un tarro de cristal pequeno para gardalo.




Procedemento:
Nunha cunca grande mixtura o azucre co aceite e as gotiñas de esencia.
Removeo ben ata que esteas moi ben mesturado.
Logo gárdao no tarro no que vas a regalarllo á túa nai.
Debuxa unha etiqueta para poñer no tarro, e xa está listo o exfoliante para que mamá o use na ducha. Verás que pel tan suave lle deixa.
Este produto consérvase ata 6 meses.



3.- Unha tarxeta especial do Día da Nai. / A Mother's Day Card.






Necesitades:- Unha cartulina ou un folio.
- Pintura de dedos.
- 1 cubierto.
- 1 rotulador verde







Procedemento:
Dobra a catulina pola metade e co rotulador debuxa o talo da flor.
Coa axuda dun cubierto empapado na pintura de dedos vai debuxando a flor.
Si non tes pintura de dedos podes facela na casa mesturando iogur con colorante alimentario. (Tes un vídeo coa explicación nas actividades que vos mandei para o Día da Terra).





Deixa secar a postal e cando estea seca tes que facer a parte máis importante: escribila decíndolle á túa nai porqué é tan especial para ti ou porqué a queres tanto (porque te cuida, porque te abraza, porque che lé contos, porque cociña moi ben, porque te fai rir, porque te leva ao parque, porque te corrixe cando fas algo mal... ). 

Tamén podes mimar dun xeito especial á túa nai ese día: non a despertes moi cedo, prepáralle algo que lle guste (un vaso do seu zume favorito), recolle as túas cousas mellor que os demáis días e colabora en todo o que poidas,...Pero sobre todo dille canto a queres 






See you soon!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario