miércoles, 8 de abril de 2020

Easter Experiment




Hello everybody!
Esta semana celebramos Easter (=Pascua) e estou segura que tod@s ides comer algún doce especial (como torraxas).
 Xa sabedes que @s nen@s ingleses celébrano sobre todo comendo os ovos de chocolate que lles trae o coelliño de Pascua (Easter Bunny).
Pero como este ano non podemos saír da casa e ó mellor non podemos conseguir esas lambetadas vouvos propoñer algún xogo e algún experimento con ovos dos que tedes na casa para comer.

Imos empezar por un experimento. 

O ovo flotante.

Para facer este experimento ides necesitar:
- 2 vasos ou dous tarros de cristal a ser posible altos.
- 1 culler.
- sal.
- 2 ovos.
- auga temperada.

Si xa tedes todos os ingredientes preparados, imos empezar co experimento.
Poñemos dúas culleradas de sal nun dos tarros e removemos ata desfacela ben
Antes de meter un ovo en cada tarro ¿qué cres que vai pasar?,
¿afundiranse os dous?,
¿flotarán os dous?
¿cal flotará?
¿cal afundirá?

Si xa respondiches a estas preguntas chegou o momento de meter os ovos nos tarros coa auga e comprobar si acertaches.

¿Sabes por qué ocorre esto?
Porque a auga con sal é máis densa, e pesa máis co ovo, por iso este non se afunde.

Si che gustou o expeimento podes probar a facelo con azucre en vez de sal. despois cóntasme o que ocorre.

Happy Easter!!!





2 comentarios:

  1. Buenos días Maite, soy Ricardo de 2A, después de hacer el experimento en sal el huevo flota pero en el azúcar no, pero nose porque.
    Besos

    ResponderEliminar
  2. Ola Ricardo! ¿cómo estás?
    Eureka! conseguiches facer o experimento completo.👏👏👏
    Agora explicareiche porqué o ovo se afunde ou non.
    A auga empuxa cara arriba as cousas que se sumerxen nela, cando te metes na piscina non quedas no fondo porque a auga empúxate cara arriba.
    Pero é certo que non todas as cousas flotan. eso é porque o seu peso é máis grande ca forza que fai a auga.
    Cando desfacemos sal na auga, esta vólvese máis densa (empuxa máis cara arriba) por eso flotamos mellor na auga do mar que na da piscina.
    Cando disolves azucre na auga esta tamén cambia, pero non se volve tan densa coma cando ten sal, por eso as cousas que poñemos nela non flotan tan ben.

    Espero que que disfrutases do experimento. Recórdao cando volvas ao mar ou a piscina. e comproba en cal flotas mellor.
    Coidate moito. Happy Easter!💖


    ResponderEliminar